O próximo 4 de Abril, ás 19 horas, na sede da Fundación Luis Seoane terá lugar a conversa “Por outras ecoloxías dende o afectivo” a cargo de Llorían García.

Llorián é investigador en formación da Universidad de Uviéu e estuda o papel da voz e da escoita no contexto aberto polas sonoridades xeontolóxicas do «fonoceno».

Nesta ocasión, no contexto do Grupo de Estudos de Transición Ecosocial e Desexo, conversará sobre o paradoxo da ruptura como elemento unificador, avivador do desexo e estimulo para volta aos valores vencellados á terra e posibilidade de comunidade.

O Grupo de Estudos leva dende Outubro de 2023 desenvolvendo sesións de indagación sobre modos de subxectivación política que se están creando para non poñer en xogo o futuro, experiencias ecosociais relevantes para ser replicadas, ou cales poden ser as pancas para saltar do desexo individual á movilización colectiva. En definitiva, preténdese xerar colectivamente novos relatos que vaian máis aló do desastre

A seguinte sesión pública do Grupo de Estudos terá lugar o 2 de maio baixo o título ‘Territorio en disputa’ coa participación de Belén Rodriguez de ADEGA e Miriam Miranda de OFRANEH.

Máis info sobre o Grupo de Estudos: https://transicionecosocial.tumblr.com