O 1 de febreiro, ás 19.00 horas, terá lugar a sesión aberta ao público “Amor e Desexo” no marco do Grupo de Estudos de Transición Ecosocial e Desexo que acollerá unha conversa entre o investigador Alexandre Pichel-Vázquez e a artista, activista e doutora en física, mariamo.

O Grupo de Estudos que investiga sobre as relacións entre o desexo e a transición ecosocial precisa ante un escenario socioambiental crítico como o actual, abre un espacio específico para indagar sobre o papel, os cercos e as necesidades dos afectos, o amor, o desexo para facer camiños inclusivos cara a un escenario de vida futura sostible para todas as persoas. A conversa artellase a través de varias preguntas  como son: Que pasa se se abandona a dicotomía do amor/bo-odio/malo? Como facerlles fronte? É factíbel respondermos dende o amor ou precisamos novos lugares afectivos comúns? Cales poden ser as pontes entre os desexos individuais e os desexos colectivos? Que novas subxectividades precisamos para deseñar un camiño que atende ás disidencias, ao corpo e á natureza? 

No encontro “Amor e Desexo” contaremos con Alexandre Pichel-Vázquez é investigador predoutoral na Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Os seus intereses de investigación discurren polos estudos de xénero, a ultradereita e a teoría afectiva. Tamén participará mariamo, artista e activista ambiental e antirracista. Doutora en física non linear e tradutora e intérprete, foi autora do capítulo «amoras» no libro colectivo “O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias”.

 

 

Máis info sobre o Grupo de Estudos: https://transicionecosocial.tumblr.com